sábado, 12 de xullo de 2025

 

Camiño vello da Bouza a Castrelo

 

O pasado segue vivo

      — A nosa vida non é o que nos sucedeu, senón o que recordamos.

      Con esta frase acababa de responderlle Maruxa a Ramiro cando este lle estaba contando como atopara o Marco da Salgueira. Resulta que quedaran aquela tarde para dar un paseo e decidiran facelo por un dos tramos do que fora Camiño Real que, desde fai anos, quedaría absorbido pola estrada que ía de Santomé á Bouza.

domingo, 12 de marzo de 2023

 

 

Foto (Eladio Monea) 

 

Profeta na súa terra

 

-Aí queda a que ben de escribir o último capítulo da Cruz

    -si, e  con que pouca diferenza do penúltimo, seu irmán, menos de dous meses que se foi Eladio. Sempre será unha magoa o feito de non deixar descendentes, e para mostra a de esta familia, dentro de poucos anos ninguén se acordará xa de que existiran.

domingo, 30 de outubro de 2022

 

O Mesón (Eladio Monea)
Maio de 2016
 
Do Mesón ás Empozadas

—¿Ti acórdaste cando íamos por aquí ao monte co gando cara o Lameiro de Ramiras ou Val Redondo?

—Como non me bou acordar, ás veces xuntabámonos varios e deixabamos que as vacas andasen soltas pacendo mentres nos xogabamos á piña, o perrojato ou calquera outro xogo de rapaces inocentes e sen malicia.

domingo, 13 de marzo de 2022

 

 

#Edvard Munch

Diario dun infeliz  

     «Desde que non escoito as miñas voces ando un pouco mais só e perdido. Están a darme unha medicación para que esas voces non volvan outra vez, e para iso, unha vez ao día tomo un psicotrópico, unha pastilla de color azul que me deixa a boca tan seca que apenas se me entende o que falo. Logo séguelle un estabilizador do ánimo de sabor amargo para, segundo me din, combater a depresión, o cal me estriñe e me fai inchar pola retención de líquidos, así que teño que tomar un diurético e tamén un laxante para aliviar eses síntomas.

domingo, 30 de xaneiro de 2022


  De conversa polas Airiñas
    —¡Ti podes crer que por onde estamos a pasar agora tiñamos nos unha viña e a única maneira de vela sería pechando os ollos e facer memoria, xa que doutra maneira só se poden ver toxos, silvas e piñeiros!

martes, 2 de novembro de 2021

 

No bar novo

      Coincidiran un dia en Santomé e déranse un forte abrazo despois de mais de corenta anos sen verse e que apenas sabían por onde andaron un e o outro. Maruxa e Ramiro naceran con só dez días de diferencia, el o oito e ela o dezaoito de febreiro de facía xa moitos anos. asistiran a mesma escola do Taller, coas mesmas mestras e xogarían tamén a algúns dos xogos de rapaces que había naquela época. Xa de mozos tamén botarían mais dun baile nas festas do lugar e dalgún dos pobos do arredor. Logo o tempo iríase encargando de levar a cada un a destinos e lugares diferentes.

martes, 24 de agosto de 2021

 

Foto (Eladio Monea) 

Un día de feira como outro calquera

     Quedaran en verse no Mesón para saír todos xuntos, ao final resultara un grupo bastante numeroso, máis homes que mulleres entre os que tamén habería algún raparigo. Era un día sete ou dezasete dun mes do verán de pouco despois da guerra, polo tanto día de feira en Ourense. Máis ou menos todos levaban unha lista, fose escrita ou ben na cabeza, de cousas que precisaban ou encargos que lle fixeran. Erguéranse ás catro da mañá coa idea de que lle rompera o día en Trelle e poder estar nas primeiras horas na feira que era cando mellor se comerciaba.

  Camiño vello da Bouza a Castrelo   O pasado segue vivo       — A nosa vida non é o que nos sucedeu, senón o que recordamos.       C...