No bar novo
Coincidiran un
dia en Santomé e déranse un forte abrazo despois de mais de corenta anos sen
verse e que apenas sabían por onde andaron un e o outro. Maruxa e Ramiro
naceran con só dez días de diferencia, el o oito e ela o dezaoito de febreiro
de facía xa moitos anos. asistiran a mesma escola do Taller, coas mesmas
mestras e xogarían tamén a algúns dos xogos de rapaces que había naquela época.
Xa de mozos tamén botarían mais dun baile nas festas do lugar e dalgún dos
pobos do arredor. Logo o tempo iríase encargando de levar a cada un a destinos
e lugares diferentes.